A primeira vez que sentín esta lingua na qu’agora m’espreso tía catorce anos y este xeito tan especial de falar inda nun tía pra min un nome concreto. Daquela eu xa andaba metido nesto da reivindicación lingüística como socio de Conceyu Bable en Avilés; cayera na conta de qu’algo rinchaba en Asturies condo un lugar al que sempre chamáramos Xunceo, nel conceyo vecín de Corvera, y del que vían comigo á escola dalgús rapacíos, pasóu a chamarse de repente «Juncedo» condo os operarios del MOPU chantaron un letreiro indicador na carretera con ese nome.
Na mía casa falábase un asturiano ben curioso gracias a mía bola y meu padre, y aquel idioma, inesistente a nivel institucional, formaba parte del ambiente de Villalegre (barrio avilesín unde soi nacido y me criéi). Mía madre, qu’é nacida en Bres, en Taramunde, levaba ben anos sin relación con aquela terra y eu nin sequera la conocía; con nosoutros sempre falara en castellano, eso si, con dalgúa cousía del asturiano que se ye pegara. Condo un día nos comentóu que nos iba levar a conocer el sou lugar de nacemento, unde inda quedaba alí a súa madría, nun sabía a sorpresa que m’iba trer aquel viaxe. Despóis d’un trayecto terrible dende Avilés a Bres, por úa carretera veya y estropiada que meu bolo (el padre de mía madre) axudara a fer cua empresa constructora que tía, chegamos a aquel sito ben distinto al qu’encontran hoi os visitantes que chegan hasta alí. Mía madre acordábase inda, despóis de tantos anos, cuál era a casa de súa madría y pra ela fomos. Petamos y abríu úa muyería veya, toda de mouro, que puxo cara de... ¿quén serán éstos? Al esplicarye qu’éramos a familia d’Irene Raposo, fiya d’Herminia y Honorato, a cara cambióuye de todo. Entramos na casa y mentres mía madre iba piyando confianza y seguridá iba tamén fendo d’ela un xeito de falar como nunca ouguira na súa boca, as palabras aquelas que sentira de nena volvíanye á memoria ás carreiras. Úa volta por Bres valíume pra decatarme de lo viva que taba aquela lingua (era mediaos dos anos 70), que fixera que por un día deixáramos de ser «los neños» pra pasar a ser «os cativos». Nel viaxe de volta comentéiye a mía madre a sorpresa de que soupera falar d’aquel xeito y perguntéiye por qué nunca falaba asina. A resposta foi que cómo iba falar tan «mal» como lo fía a súa madría, que namáis sabía espresarse en «castrapo». Aquela mala conciencia lingüística quero pensar que foi desaparecendo da súa mente, entre outras cousas gracias al labor pedagóxico y necio d’este qu’escribe.
Esta historia val pra entender qué me llevóu a propoñeryes a os meus compañeiros de Dixebra fer un xesto pra col outra lingua d’Asturias. Tando grabando el noso último disco, a idea nun deixaba de darme voltas pola cabeza. Comentéilo con Tapia (al que conozo de ben d’anos de militancia na reivindicación linguística) y acordamos qu’el asociación Xeira iba tratar de sacar un disco con dalgúas cántigas de Dixebra en galego-asturiano. Al ir grabar estas cuatro «versióis eonaviegas» entróume al principio un faraguyo de duda al ter medo qu’el resultao nun fora todo lo bon qu’eu quería, pro al meterme dafeito nel labor sentínme tán a gusto cantándolas que ben sei qu’eso nótase. Espero que con este trabayo axudemos a qu’a xente nova d’Entrambasauguas vexa a súa lingua como perfectamente válida, como úa ferramenta al xeito pra cualquera situación comunicativa, mesmamente nun contesto rockeiro como el disco del que falamos. Pro esta esperiencia ten pra min outra parte máis íntima, máis personal, y é que con ela volvín a encontrarme cua mía, nunca miyor dito, lingua materna.